Curso sobre a xestión de instalacións deportivas: situación e retos
04/01/2017

Un dos alicerces fundamentais sobre os que se sustenta a práctica deportiva son as instalación onde deportistas e practicantes realizan a actividade física ou o deporte escollido. Consecuencia da evolución deportiva experimentada nas últimas décadas, este tipo de infraestruturas experimentou un destacable cambio que vai desde os aspectos infraestruturais ata os propios da xestión. Por este motivo, cada vez son máis e máis complexos, os aspectos que se deben ter en conta á hora de dirixir e administrar este tipo de instalacións.

É por iso que mediante este curso se pretende achegar os seus destinatarios ás principais cuestións referentes ao proceso de xestión das instalacións deportivas, facendo especial fincapé nos aspectos económicos e lexislativos desde un punto de vista eminentemente práctico.