PUBLICADAS AS NOVAS MEDIDAS SANITARIAS FRONTE O COVID-19
01/10/2021 Categoría:  Actualidade

Publicada a ORDE do 29 de setembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

As medidas previstas nesta orde producirán efectos desde as 00.00 horas do día 2 de outubro de 2021

Os principais cambios, no ámbito deportivo, a ter en conta a partir desta data:

- As competicións deportivas con público poderán celebrarse cunha ocupación máxima do 80% en interior e do 100 % no exterior, sempre que o público asistente permaneza sentado e se garantan as medidas establecidas no punto 1.3 do anexo I.

Distancia de seguridade interpersoal. Na organización das distintas actividades deberán adoptarse as medidas necesarias para garantir a distancia interpersoal mínima de 1,5 metros, establecida pola Lei 2/2021, do 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, entre grupos de persoas non conviventes. Cando, polas condicións de desenvolvemento da actividade e capacidade máxima autorizadas en cada caso de acordo coas medidas de prevención previstas neste anexo, non sexa posible manter a dita distancia de seguridade, non se permitirá o consumo de alimentos e bebidas, deberá usarse máscara en todo momento, garantir unha adecuada ventilación e o cumprimento das medidas de prevención e hixiene aplicables, de acordo co establecido neste anexo, sen prexuízo de que se deba procurar manter a máxima sepa-ración posible entre os diferentes grupos de persoas non conviventes, así como o debido control para evitar as aglomeracións

Ver ORDE completa AQUÍ