EDUARDO BLANCO IMPARTIRÁ ESTE ANO A LECCIÓN INAUGURAL DO INEF GALICIA
15/10/2021 Categoría:  Actualidade

O vindeiro día 20 de outubro, terá lugar a Lección Inaugural do curso académico 21-22 na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC, que será impartida polo presidente de AGAXEDE e exprofesor do INEF Galicia Dr. Eduardo Blanco Pereira.
O acto terá lugar ás 13:00 horas, no salón de actos da facultade.

Debido a nova normativa sobre as restricións polo Covid-19 non se fai necesaria a confirmación da asistencia