COMUNICADO SOBRE O ANUNCIO DE DISTRIBUCIÓN HORARIA DA MATERIA DE EDUCACIÓN FÍSICA EN GALICIA
25/04/2022 Categoría:  Actualidade

O COLEF Galicia publicou unha noticia acerca do anuncio da distribucion horaria da materia de Ed. Física en Galicia, na cal se expón:

"O COLEF lamenta, e non comparte, a decisión da consellería de manter a Educación Física cunha carga horaria insuficiente na Educación Primaria e na ESO, onde só haberá dúas sesións semanais.

Esta decisión da Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai supoñer que toda a poboación galega, durante o seu paso polo ensino obrigatorio, non poida recibir unha Educación Física de Calidade, para a cal a UNESCO determinou que a carga horaria mínima necesaria é de 120 minutos á semana de práctica real, o que implica que son necesarias 3 clases á semana de Educación Física, demanda que foi reiterada ás administracións educativas nas últimas décadas.

Neste sentido, un estudo realizado polo COLEF Galicia sobre as ensinanzas mínimas do currículo xa aprobado polo Ministerio de Educación, concluíu que son necesarias máis de 120 sesións en cada curso da ESO e no 1º curso do Bacharelato para poder desenvolvelo con garantías e que poida haber realmente unha Educación Física de Calidade, polo que serían necesarias como mínimo 3 clases á semana de Educación Física (105 sesións no curso)."

Ver el comunicado completo: aqui