JULIÁN CASTANO MERODIO

JULIÁN CASTANO MERODIO

CURRÍCULO

Curso Superior Universitario en Gestión Deportiva. Universidad Rey Juan Carlos – Fundacion RFEF – FIFA CIES

Socio Fundador de SPORTEVENT | Gestión y Deporte

Secretario General de Polvorín FC (2003 hasta la actualidad)

 

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
Non en profundidade. Era coñecedor da súa existencia e dalgunhas das súas actividades formativas e divulgativas.

2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
Tras asistir a unha desas xornadas formativas valorei moi positivamente o papel da asociacion coma canle que nos pemite aos profesionais do sector ter un acceso fácil a contidos formativos que permitan unha reciclaxe continúa.

3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
Neste intre dirixo a xestión dun clube de fútbol-base e son socio fundador dunha pequena empresa de organización de eventos deportivos

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
Na miña opinión hai tres aspectos que cada vez son máis importantes:
- Por un lado, temos a planificación estratéxica, é dicir, definir con antelación que obxectivos temos e que camiño imos seguir para conquerilos. Normalmente no mundo do deporte actuouse a impulsos, polo que a demanda dunha actividade planificadora e necesaria.
- Por outro lado, temos que ter en conta que as esixencias dos receptores dos servizos deportivos son cada vez máis grandes polo que é necesario por en valor a formación dos técnicos deportivos.
- Por último, a sociedade en xeral esixe unha maior transparencia nos procesos e o mundo do deporte, especialmente na facera asociativa non debe quedar ao marxe. 

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
Por calquera dos motivos que indiquei anteriormente o papel da Asociacion é fundamental. A posta en valor do papel dos técnicos deportivos así coma a oferta continua de xornadas formativas son aspectos fundamentais para o futuro do sector.

6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
Por desgracia e sempre pola miña culpa non lle saquei todo o partido que se pode obter da Asociacion. En todo caso, simplemente que esté aí para cando necesitemos algo é moi importante.

7. Que lle pedirías nun futuro a Asociación?
Mais que pedirlle nada a Asociación teríamos que ser nos os que tiraramos dela para facela ainda máis forte e representativa. 

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?
Menos do que me gustaría, pero por motivos laborais estou en contacto casi permanente con numerosos xestores deportivos de Galicia.

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertencia a AGAXEDE?
Sin lugar a dúbidas. De por si o asociacionismo profesional é necesario, pero si ademais te atopas cunha entidade coma Agaxede a pertencia faise cuase obrigatoria.

Compartir este post: