REMIGIO FANDINO BOUBETA

REMIGIO FANDINO BOUBETA

CURRICULO

 

  • Graduado en CCAFeD  ( Universidade de A Coruña. 2018)
  • Licenciado en Administración e dirección de empresas. ( Universidade de Vigo. 2018).
  • Responsable do Club Atletismo Arteixo (2015-actualidade).
  • Adestrador Nacional de Atletismo. Nivel II (Adestrador de Club). 2007

 

 

 

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Coñecín AGAXEDE mentras cursaba terceiro curso do Grao en CCAFeD ó asistir ás clases impartidas por Eduardo Blanco, presidente da asociación, na materia “Estructura e Organización Deportiva”.

 

2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Debido ás tarefas de xestión que supón estar ó fronte dun club, decidín realizar tanto o Practicum coma o Traballo Fin de Grao en AGAXEDE e, por suposto, facerme socio.

 

3.  A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Dende o 2010, traballo como coidador de persoas con discapacidade intelectual na asociación ASPRONAGA. Combinei este labor con outros traballos relacionados co mundo do deporte así como cos meus estudos de grao.

 

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?

Principalmente, unha boa planificación e organización de tarefas, así como a xestión das persoas que conforman o equipo organizativo. E, relacionado con estas, o coñecemento que aportan.

 

      5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?

Considero moi necesaria a súa existencia debido á gran contribución que fai no ámbito da xestión deportiva, favorecendo a formación neste eido e a posta en común de coñecementos e experiencias.

 

6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

Formación e coñecementos directamente aplicables á actual realidade deportiva da nosa Comunidade Autónoma.

 

7.   Que lle pedirías nun futuro a Asociación?

Que continúe na mesma liña de traballo, adaptándose ás novas realidades da xestión deportiva e favorecendo a formación continua neste campo.

 

8.  Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Estou en contacto con persoas relacionadas coa xestión deportiva a través das redes, compartindo experiencias

 

9.   Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertencia a AGAXEDE?

O teño feito e o seguirei a  facer, coñecedor do seu valor como plataforma de apoio ó xestor deportivo.

 

Compartir este post: