SOFÍA TORO

SOFÍA TORO

CURRICULUM VITAE

- Deportista de Alto Nivel

- Graduada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte

- Xerente Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar

- Docente e Investigadora UCAM

- Máster en Dirección e Xestión de Entidades Deportivas

- Máster en Periodismo Deportivo

- Máster en Formación de Profesorado

ENTREVISTA SOCIO/A DO MES 

Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Si, coñecina durante a miña etapa de estudante na Universidade da Coruña.

Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Dende hai case dous meses instaleime permanentemente en Galicia e, agora que traballo no ámbito da xestión deportiva xunto a multitude de empresas galegas, paréceme unha maneira de estar en contacto cos demais xestores e xestoras de Galicia.

A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Actualmente son a xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar e, amais, son profesora asociada na Universidade Católica San Antonio de Murcia.

No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

É fundamental ser resolutivo e saberse adaptar ás novas situacións. O deporte ensinoume que o mar e o campo de regatas pode cambiar en calquera momento. Só as persoas que se adaptan mellor e axustan as velas para as novas condicións conseguen chegar en primeira posición e gañar as regatas. Agora mesmo, na miña función como xestora deportiva, atópome a diario con moitas tarefas que teño que resolver e para iso é primordial coñecer o sector, a formación e o equipo que che rodea.  

Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

Considero que é un bo punto de unión, xuntos podemos crear sinerxías que fagan mellorar ao noso sector. 

Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

Aínda acabo de aterrar como quen di pero, por exemplo, fai unhas semanas organizou o evento “Deporte para todos” e foi moi interesante. Viñeron persoas relevantes do mundo do olimpismo e, en definitiva, foi unha boa xornada de formación e de encontros.

Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Coida que xa imos no camiño axeitado. Acabamos de asinar un convenio para realizar tarefas xuntos e para fomentar o intercambio de experiencias e persoal nos campos da docencia, investigación, cultura en xeral, e ao impulso e desenvolvemento de proxectos conxuntos, no ámbito da actividade física e o deporte.

Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Si. Neste momento case 60 empresas de Galicia forman parte do Clúster. Así que, aínda que levo pouco tempo, cada día vou coñecendo máis. Hai moito talento na xestión deportiva da nosa terra. 

Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Si, coma fixeron comigo, recomendarei a outros profesionais unirse a AGAXEDE.

Compartir este post: