ESCOLA DE FÚTBOL DENIS SUÁREZ
BREVE DESCRIPCIÓN DA ENTIDADE
Na Escola de fútbol Denis Suárez facemos que nenos e nenas se divirtan a traves do deporte. A misión da Escola de Fútbol DS é apoiar a infancia e adolescencia durante o seu crecemento a través do deporte e a educación, en valores como a convivencia e a competitividade saudable para contribuír a unha sociedade máis igualitaria e inclusiva. Queremos ser unha entidade deportiva de referencia en Galicia, pola súa contribución social na infancia e adolescencia e os seus logros deportivos. Propoñemos mostrar o que é capaz de conseguir o deporte no ámbito social, proxectando o noso club e escola como unha institución que, máis aló dos resultados, busca un impacto social e facémolo a través de valores como o respecto, o compromiso, a humildade e a constancia. Pretendemos dar respostas diferentes ás diversas necesidades de cada xogador no contexto futbolístico, tendo en conta que cada un ten características, intereses, habilidades e necesidades de aprendizaxe diferente e partindo dun marco teórico baseado nun modelo biopsicosocial. Desenvolvemos unha metodoloxía propia baseada na fusión de dúas áreas de traballo diferenciado: -Coordinación Deportiva, encargada da creación e organización dos aspectos técnico-tácticos da escola. -Comunidade Educativa, co obxectivo principal de axudar no desenvolvemento educativo e social de cada membro estudando o seu entorno e necesidades.
ENTREVISTA
Coñecíades a Asociación Galega de Xestión Deportiva antes de asociarvos?
Non
Por que decidistes asociarvos a AGAXEDE?
Tras acudir a unha formación organizada pola entidade e coñer de preto a súa labor. Fomentando o intercambio de coñecementos do noso sector.
No ámbito da xestión, que tarefas considerades primordiais?
O coidado dos membros integrantes da Escola, dende persoal ata xogadores e familias, a xestión deportiva en canto a organización dos equipos, dos entrenadores e xogadores, a formación interna dos entrenadores (procedementos, trato co xogador, imaxe, roles...), supervisión do comportamento dos xogadores mensualmente, a transmisión de valores dos entrenadores aos xogadores, adaptacion dos entrenamentos a cada etapa de crecemento dos xogadores...
Considerades necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Si. Sempre e necesario unir os profesionais do ámbito e así poder intercambiar información, opinions e intereses.
Que vos aportou AGAXEDE ata este momento?
Formación e contactos. Manternos actualizados.
Que lle pediríades nun futuro á Asociación?
Que siga na mesma linea, aportando formación, experiencia e asesoramento as persoas que xestionan as entidades deportivas.
Recomendaríades a outras entidades a pertenza a AGAXEDE? Por que?
Sen dúbida. Pola formación, a rede de contactos e o asesoramento.