GABRIEL AMADO REBOREDO

GABRIEL AMADO REBOREDO

CURRÍCULUM

Asesor Financeiro, especialidade en finanzas persoais e inversións.

Portavoz do colectivo de Skateboarding de cara as institucións.

Experiencia en empresas e ONG como técnico de finanzas.

Experiencia como técnico no sector banca.

Membro do equipo de Skateboarding de Vazva (Ata 2015)

FORMACIÓN

 Graduado en Empresariais, ADE e Máster MBA.

Certificacións profesionais EFA (Finanzas) e CCA (Control de Xestión).

Posgrao en Riscos Financeiros.

 ENTREVISTA “HOXE FALAMOS CON”

  1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

A verdade e que non, coñecín Agaxede grazas a Gonzalo Falguera.

  1. Como decides facerte socio/a de AGAXEDE? 

Tras coñecer o propósito e misión de Agaxede no mundo do deporte fíxenme socio de forma natural. Ademais, ofreceron un apoio activo o noso Colectivo Skateboarding coas xestións e demandas fronte as institucións.

  1. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Actualmente estou emprendendo o meu propio negocio dixital de finanzas persoais e inversións que compaxino coa representación do colectivo de skate na Coruña.

  1. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

Principalmente as relacións coas institucións públicas e medios de comunicación para transmitir e asegurar que se cumpran as demandas do colectivo de Skateboarding. Principalmente deseño, renovación e mantemento das infraestruturas públicas.

  1. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

Por suposto que si, AGAXEDE engloba a representación de todo deporte en Galicia, dende o meu punto de vista e unha institución clave de cara a representación das demandas de calquera colectivo  deportivo.

  1. Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?

Axuda nas xestións das demandas, ademais de presión e representación fronte as institucións.

  1. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Supoño que continúe crecendo en socios e relacións con institucións publicas que teñan vinculación co deporte. Facerse cada vez máis coñecida e chegar a máis xente, creo que e algo clave.

  1. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

A verdade e que non, o principal motivo e que ata fai pouco o Skateboarding no noso país e comunidade non se recoñecía  ou se lle daba o peso como ao resto dos deportes.

  1. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

A verdade e que si, xa que canta mais xente se asocie máis poder de presión e representación teríamos fronte as institucións.

Compartir este post: