Celebrada a III Xornada de Xestión Deportiva para Pequenos e Medianos Municipios
21/03/2019 Categoría:  Actualidade

mércores 20 de marzo tivo lugar a III Xornada de Xestión Deportiva para Pequenos e Medianos  Municipios "Por unha planificación da xestión deportiva municipal "organizada pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE)  e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) .

O presidente de AGAXEDE, Eduardo Blanco, inaugurou a xornada xunto ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete e o presidente da FEGAMP, Alfredo García.

A Xornada trata dende hai tres anos achegar ás novidades en materia deportiva aos xestores municpais e tamén pretende ser un foro de opinión no que, de forma conxunta, se expoñan as problemáticas coas que se atopan á hora de planificar o deporte nun concello e tamén achegar posibles solucións.

Este ano os temas principais foron o análise do plan de estratéxico como ferramenta para mellorar a xestión dos servizos deportivos locais, e coñecer cal debe ser o contido fundamental dun programa  electoral en materia deportiva municipal, asistiron máis de medio de participantes.