Xa está publicado o novo Boletín do COLEF de Marzo 2019
01/04/2019 Categoría:  Actualidade

 

NOVA CAMPAÑA DE COLEXIACIÓN

Para captar novos colexiados/as e, ao mesmo tempo, contribuír a promocionar a 9ª edición do Día da Educación Física na Rúa, o COLEF Galicia ten en marcha unha campaña que establece a cota de alta de balde para os/as que se inscriban nesa data (25 de abril). Para o resto de datas ata o 15 de maio hai un desconto do 50% na cota. Os que xa son colexiados/as e animen a un novo membro -ata un máximo de catro- terán un 25% de desconto na cota anual.

 OFERTAS DE EMPREGO

. A Fundación Universitaria Iberoamericana busca autores para a redacción de contidos docentes para programas de postgrao de Ciencias do Deporte.  As materias son Programas e liñas de actuación para a AF e a saúde (PLAFS); Actividade física no ámbito laboral: novos mercados (AFAL) e Prescrición de exercicio físico na muller (PEFM). As solicitudes terán que se dirixir ao correo electrónico martin.barcala@uneatlantico.es indicando no asunto o nome do solicitante e o código das materias nas que está interesado.

Beone de Brión precisa un técnico/a deportivo. As persoas interesadas deben entrar naweb da empresa, na sección "Trabaja con nosotros" e cumprimentar o formulario cos seus datos, xunto co CV e seleccionando o centro Beone Brión.

. Fisiotrainner Center busca un licenciado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte para traballar por horas en horario de tarde e un sábado pola mañá cada 15 días. Posibilidade de aumento en función da demanda. +info.

LXXXIX PLENO DO CONSEJO COLEF

 

Pleno do Consejo COLEF reuniuse este mes en Toledo para rendir homenaxe á Escola Central de Educación Física, que celebra o seu centenario e onde se formaron na primeira mitade do século XX moitos dos que puxeron en marcha a iniciativa colexial e onde se editou tamén por vez primeira a Revista Española de Educación Física y Deportes. Na reunión debatíronse os novos estatutos, o sistema de desenvolvemento profesional continuo e o código ético entre outros temas. Tamén se presentou o novo Campus de formación e se entregou o premio Consejo COLEF, que este ano foi para Francisco Seirul-lo, en recoñecemento á súa traxectoria profesional.+Info

 

O COLEF COAS XORNADAS DE ANECAFYDE NO CAMPUS DE PONTEVEDRA

 

COLEF Galicia estivo o día 27 na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra cunha mesa informativa para difundir as vantaxes da precolexiación e a importancia de pertencer ao Colexio para defender a profesión. A iniciativa coincidiu cunhas xornadas organizadas por ANECAFYDE sobre o papel dos graduados en CCAFDE no ámbito da saúde. Nelas participaron como relatores seis colexiados/as: O COLEF Galicia estivo hai uns días na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra cunha mesa informativa para difundir as vantaxes da precolexiación e a importancia de pertencer ao Colexio para defender a profesión.

CURSOS PARA TÉCNICOS DEPORTIVOS LOCAIS

A SXD/Fundación Deporte Galego, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, oferta dous cursos específicos para técnicos deportivos locais. O primeiro tratará sobre "Avaliación da condición física saudable" e terá lugar do 8 ao 11 de abril en Santiago. O segundo leva por título "Cara a un Concello activo e saudable" e desenvolverase do 7 ao 9 de maio, tamén en Santiago.

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA  

Douscentos oitenta e seis centros e case 40.000 alumnos e alumnas están inscritos xa no Día da Educación Física na Rúa 2019, que se desenvolverá o vindeiro 25 de abril. É unha nova edición desta iniciativa pensada para poñer en valor o papel da Educación Física sacándoa aos espazos públicos e para demandar máis horas desta materia nos centros escolares. Polo momento hai 14 colexios e institutos galegos apuntados. Máis información neste enlace

Edificio FEUGA. Despacho 20

Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

981 553 363  -   www.colefgalicia.com – colef@colefgalicia.com