Reunión de traballo de José Ramón Lete e Eduardo Blanco
19/06/2019 Categoría:  Actualidade

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o presidente de AGAXEDE, Eduardo Blanco Pereira, celebraron unha reunión de traballo en Santiago de Compostela, o martes, día 18, co fin de planificar a colaboración no segundo semestre de 2019 e durante o exercicio de 2020, que se formalizará nun próximo convenio a firmar.

O obxecto do convenio con AGAXEDE consistirá, fundamentalmente, nun PLAN DE FORMACIÓN a desenvolver coa Escola Galega do Deporte, sobre diferentes temas de interese e actualidade na área da xestión deportiva a celebrar en 2019 e 2020 (Protección de datos das entidades, xestión deportiva dixital, dirección e xestión deportiva, etc.) e, en particular, unha Xornada sobre a xestión da actividade física saudable no ámbito municipal, neste caso, dirixida ós técnicos deportivos dos concellos galegos. Cabe, tamén, destacar a organización do XVI CONGRESO ESPAÑOL DE DEREITO DEPORTIVO, en colaboración coa Asociación Española de Dereito Deportivo.

E, finalmente, ademais de outras actividades, o convenio contemplará a creación e desenvolvemento do CLUSTER DO DEPORTE GALEGO, onde poidan estar todalas entidades que conforman o Sistema Deportivo de Galicia, co fin de servir de plataforma de encontro, reflexión, innovación e emprendemento dos diversos axentes deportivos.

Con este convenio vese reforzada e potenciada una colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e AGAXEDE que se iniciou uns anos atrás co obxectivo de contribuír á mellora e excelencia da xestión deportiva no ámbito público e privado de Galicia.