Alejandro López nomeado membro da Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe
06/07/2019 Categoría:  Actualidade

Na mañá do 25 de xuño, o secretario xeral para o Deporte José Ramón Lete Lasa, presidiu o acto de constitución da Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe. Esta comisión atribúenselle as competencias en materia de defensa da saúde do deportista e de prevención e control da dopaxe no ámbito da Comunidade Autónoma.

Entre as persoas que integran esta Comisión, foi nomeado membro deste novo órgano, Alejandro López Sánchez, xurista e deportista, socio da Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE) e vocal da Xunta Directiva de esta entidade.

Dende AGAXEDE queremos darlle parabéns ao noso compañeiro Alejandro por esta nova responsabilidade no marco do deporte galego.