MOVEMENTO GALEGO POLO CLIMA- DO 20 AO 27 DE SETEMBRO
25/09/2019 Categoría:  Actualidade

Dende AGAXEDE queremos unir as nosas forzas, xunto coa Universidade da Coruña, nesta  loita urxente contra do Cambio Climático.

Do 20 ao 27 de setembro estase a desenvolver a programación da Semana polo clima, convocada por Fridays for future Coruña e Ferrol, e polo Movemento Galego polo Clima.

A UDC ten aprobada polo Consello de Goberno na súa sesión do 4 de xuño de 2019, por unanimidade, a Declaración institucional do estado de Emerxencia Climática e Ecolóxica.

A OMA colabora na programación da Semana polo clima coa organización da Limpeza do río Lagar ao seu paso polo Campus de Elviña (información e inscricións aquí), iniciativa do Proxecto Ríos.

A programación completa da Semana polo clima na Coruña e en Ferrol pode consultarse nesta ligazón

Desde a OMA animamos á comunidade universitaria a participar nas actividades da Semana e especialmente nas concentracións dos centros de estudos das 12h. e na manifestación que se desenvolverá en ambas cidades a tarde do venres 27.

Programación complementaria da OMA:

- Xornada de voluntariado ambiental no Monte da Fraga:  xoves 3 de outubro, da man de ADEGA (información e inscricións aquí).

Mais información de interese: 

A UDC ven de facerse membro da Escola Europea de Ciencia e Investigación da Sustentabilidade (ESSSR das siglas en inglés), que ten como obxectivo acadar os obxectivos da Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentábel. Completa a información aquí.