ACTO SOCIAL "DESPEDIDA DO ANO 2019" AGAXEDE
12/12/2019 Categoría:  Actualidade

O próximo día 17 de decembro terá lugar o tradicional Acto Social de Despedida do Ano na sede de AGAXEDE, ás 20:00h. 

Este é un acto tradicional que se organiza desde fai 10 anos, que supón un encontro de socios, patrocinadores e representantes de institucións e entidades deportivas, para despedir o ano de forma simbólica, departindo e degustando xamón, ademais doutras viandas, acompañado dun exquisito viño.