PUBLICADAS AS NOVAS MEDIDAS SANITARIAS FRONTE O COVID-19
28/08/2020 Categoría:  Actualidade

Ao igual que nas publicacións do 12 e do 15 de agosto de 2020, introducíronse determinadas modificacións

No Diario Oficial de Galicia, número 172 do 26 de agosto de 2020, publicaronse as modificacións de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, ó igual que nas anteriores publicacións que AGAXEDE reflexou nesta web, do 12 e do 15 de agosto de 2020, nas que se introducen determinadas modificacións, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Nesta última modificación engádese un número 2.13 no anexo do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, coa seguinte redacción:

2.13. Medidas de prevención no caso de espectáculos públicos e actividades recreativas que se celebren en establecementos ou espazos abertos ao público, rexidas pola Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

Ver publicación completa, facendo clic AQUÍ