PUBLICADAS NOVAS MEDIDAS SANITARIAS FRONTE O COVID-19 (DOG nº190)
21/09/2020 Categoría:  Actualidade

No Diario Oficial de Galicia, número 190 do 18 de setembro de 2020, publicouse a modificación do número 3.21 "Práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómicado" do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, ó igual que nas anteriores publicacións que AGAXEDE reflexou nesta web, do 12, 15, e 26 de agosto e do 2 e 9 de setembro de 2020, nas que se introducen determinadas modificacións, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Esta orde tivo efectos desde as 00.00 horas do 19 de setembro de 2020.

Ver publicación completa, facendo clic AQUÍ