ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN GRATUITA PARA O IX FORO DO DEPORTE PARA TODOS
Fecha:  24/10/2020 Hora:   09:30 Lugar:   INEF Galicia, Oleiros - 15172 Categoría:  Eventos

¡INSCRIBETE FACENDO CLIC AQUI, SÓ HAI 60 PRAZAS PRESENCIAIS!

O IX Foro de Deporte Para Todos celebrará este 2020 a súa novena edición, o día 24 de outubro, a partir das 09:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias de Deporte e a Educación Física da Universidade de A Coruña, organizado pola Asociación Galega de Xestión Deportiva co apoio do Concello de A Coruña. Nesta ocasión a temática do foro será o presente e futuro do “Deporte Social e Cidadán”, e contarase cos relatorios de catro profesionais cunha gran experiencia no sector.
Os obxectivos do evento serán:
- Analizar o deporte social e cidadán e a súa evolución.
- Valorar o papel que xoga o deporte no ocio e no desenvolvemento humano.
- Coñecer a situación e as necesidades do deporte inclusivo.
- Analizar o deporte como un elemento de cambio do urbanismo actual.