MEDIDAS DE PREVENCIÓN EN GALICIA ANTE A EVOLUCIÓN DO COVID-19
27/10/2020 Categoría:  Actualidade

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar o xoves 21 de outubro, as novas medidas específicas decretadas pola Xunta para a prevención do coronavirus en toda a comunidade autónoma. Entre elas, as seguintes:

➡️ Os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento familiar ou social quedan reducidos a 5 persoas como máximo (agás convivintes).
➡️ Recoméndase ás persoas maiores de 75 anos que eviten saír á rúa nas horas de maior concentración de persoas.
➡️ Quedan prohibidos festas, verbenas e outros eventos populares.
➡️Nos velorios só poderán reunirse 25 persoas se son ao aire lire e 10 en espazos pechados, sexan ou non conviventes.
➡️ As comitivas de enterro quedan limitadas a un máximo de 25 persoas.
➡️ A asistencia a lugares de culto non poderá superar o 50% da capacidade, e non poderán usarse o exterior dos edificios nin a vía pública.
➡️ Nas cerimonias relixiosas deberán aplicarse as regras de capacidade para os lugares de culto. Nas celebracións en establecementos de restauración poderán participar ata 100 persoas se son ao aire libre e 50 en espazos pechados.
➡️ Os establecementos comerciais non poderán superar o 50% da súa capacidade e deberán prestar atención preferente ás persoas maiores de 75 anos.
➡️ As feiras non poderán superar o 50% dos postos, o que poderá compensarse ampliando o espazo ou fixando novos días de celebración.
➡️ Academias, autoescolas e centros privados poderán funcionar ao 50% da súa capacidade.
➡️ Tamén se limita ao 50% a ocupación dos establecementos de hostalaría, e ao 75% nas terrazas. Queda prohibido o consumo na barra. Non se permitirá o acceso de clientes a partir das 00.00 horas.
➡️ Os hoteis e aloxamentos turísticos non poderán superar tampouco o 50% de ocupación nas zonas comúns.
➡️ Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos, cines, teatros, auditorios e outros equipamentos culturais, tanto públicos coma privados, así coma os centros de lecer infantil, non poderán superar o 50% da súa capacidade.
➡️ A actividade deportiva non federada poderá practicarse sen contacto e en grupos dun máximo de 5 persoas, ademais do/a monitor/a, se é o caso. Nas piscinas limítase a ocupación máxima ao 50%.
➡️ A celebración de eventos deportivos, adestramentos e competicións deportivas poderá contar con público, sempre que non se supere o 50% e, en todo caso, as 60 persoas en lugares pechados e 150 ao aire libre.
➡️ Nas actividades de tempo libre deberá respectarse a organización en grupos dun máximo de 5 participantes.
➡️ Os centros cívicos ou sociais poderán abrir ao 50% da súa capacidade e sempre que nas actividades grupais non se superen os 5 participantes.
➡️ Nos parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre deberá respectarse unha ocupación de 1 persoa por cada 4 metros cadrados.

Se queres coñecer as novas disposicións con máis detalle só tes que pinchar aquí 👉  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201021/2463/AnuncioC3K1-211020-6_gl.html