FIN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS ÓS IX PREMIOS GALICIA Á XESTIÓN DEPORTIVA
13/11/2020 Categoría:  Actualidade

Finaliza oficialmente o prazo de presentación de candidaturas para os IX Premios Galicia á Xestión Deportiva. Mantéñense coma válidas todas as candidaturas presentadas ata o momento, pero debido as restricións actuais para frear o avance da pandemia ocasionada polo COVID-19, a reunión do xurado que avaliará as candidaturas e a gala de entrega de premios, a celebrar na cidade de Vigo, foron pospostas ata nova data, aínda sen determinar. Informaremos sobre as novas datas, na páxina web www.agaxede.org e nas redes sociais de AGAXEDE, tan pronto a situación sanitaria o permita.