VISITA DO C.R.A.T. DA CORUÑA Á SEDE DE AGAXEDE
19/11/2020 Categoría:  Actualidade

Na tarde de onte, día 18 de novembro, o Club de Rugby Arquitectura Técnica de A Coruña (C.R.A.T.), representado por Pedro Lopez-Sors Cano (presidente do Club) e Humberto Ramírez Fouz (director deportivo do CRAT), realizou unha visita para coñecer a sede da Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE), sendo recibido polo seu presidente Eduardo Blanco Pereira e o coordinador xeral de dita entidade, Cristian Florin Gavril.

No transcurso do encontro, despois de coñecer as estancias da Casa do Deporte (sede, de AGAXEDE) e rememorar a historia de ambas entidades, se repasaron propostas e ideas de interés común, e quedou pendente a integración do club como socio de AGAXEDE.

 

www.cratcoruna.com

www.agaxede.org