PLATAFORMA GALEGA POLA EDUCACIÓN FÍSICA, A ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE
23/12/2020 Categoría:  Actualidade

 


Colexio Oficial de Licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia), a Asociación de Empresas Xestoras de Instalacións Deportivas de Galicia (AEXIDEGA) e a Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE), como entidades que representan unha parte substancial do sistema deportivo de Galicia, acordaron constituír a Plataforma Galega pola Educación Física, a Actividade Física e o Deporte, cuxa creación está motivada polas medidas restritivas que se veñen tomando en relación á práctica de educación física, actividade física e deporte, durante a xestión da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 en Galicia.

As tres entidades constituíntes da Plataforma queren manifestar o seu desacordo coa falta de apoio á práctica de actividades físico-deportivas por parte da Xunta de Galicia, xa que, en vez de ser promocionadas, están sufrindo unhas graves restricións. Non entendemos que estas actividades, cuxa práctica supón uns beneficios importantes para a saúde, estean sendo esquecidas pola administración autonómica e sufran más restricións que outras actividades sen ningún benefico para a sáude.

É por iso que decidimos elaborar un Manifiesto polo recoñecemento da educación física, a actividade física e o deporte como actividade esencial na loita contra a covid-19, que xa foi remitido á Presidencia da Xunta de Galicia, acompañado dunha solicitude de reunión para tratar este asunto.