Reunión do presidente de AGAXEDE co director da área de deportes de A Coruña
12/01/2021 Categoría:  Actualidade

O director do área de deportes do concello de A Coruña, Alfonso Hermida Mejuto, visitou na tarde do martes, 12 de xaneiro, a sede da Asociación Galega de Xestión Deportiva, sita en Santa Cristina (Oleiros), sendo recibido polo presidente da AGAXEDE, Eduardo Blanco Pereira que estaba acompañado do coordinador xeral da entidade, Cristian Gavril. Ademáis de coñecer os espazos da sede, aproveitaron para manter unha reunión e repasar as propostas que AGAXEDE presentou á concellaría de deportes para 2021 e que están pendentes de resposta. AGAXEDE mostrou o ánimo de colaboración co servizo municipal de deportes e a necesidade nesta terceira ola de pandemia, de facer un Plan de Formación para as persoas directivas dos clubs e asociacións deportivas da cidade.