NOVA RESOLUCIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS POLA DEPUTACIÓN DE OURENSE
12/02/2021 Categoría:  Actualidade

O pasado 29 de xaneiro publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense a aprobación de dúas novas convocatorias de axudas e subvencuións da Deputación de Ourense.

A Xunta de Goberno adoptou, na súa sesión ordinaria do día 18 de xaneiro de 2021, o acordo de aprobación das bases reguladoras da convocatoria do concurso para a concesión de subvencións para as Copas Deputación 2021 e a aprobación das bases reguladoras da convocatoria do concurso para a concesión de subvencións a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais durante a temporada deportiva 2019-2020, convocatoria 2021.

Para acceder a toda a información e documentos, fai clic AQUÍ.