A XUNTA DE GALICIA PUBLICA A QUINTA GUÍA DXT GALEGO
08/04/2021 Categoría:  Actualidade

Xunta de Galicia publicou o quinto e derradeiro número das Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ elaboradas pola Secretaría Xeral para o Deporte e expertos universitarios baixo a coordinación do catedrático da Universidade da Coruña, Rafael Martín Acero.

Este quinto número trata sobre este sistema iterativo de competición modular que nos axudaría co calendario das competicións de forma que, se houbese un novo parón no deporte, este non impida continuar sen ter que dar pasos cara atrás á mesma vez que se garanten os dereitos deportivos de todos os competidores.

Este documento foi froito do traballo realizado en conxunto por:

-        Rafael Martín Acero.

-        Dan Río Rodríguez.

-        Joaquín Gómez Varela.

-        Javier Rico Díaz.

Esta guía é a quinta e definitiva dunha serie que completa o documento único que de seguro contribuirá á reactivación dos adestramentos e competicións das preto de 300 especialidades deportivas que se practican na nosa comunidade. Desta forma contribuiremos tamén á recuperación do deporte galego.

Podes consultar aquí as Guías DXT Galego.

Destacar que ademais destas cinco guías, a Xunta de Galicia traballa xunto á Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía do Deporte (SIPD) na edición dun libro que recolla todas as ‘Pílulas solidarias’ de adestramento mental realizadas a tenor da iniciativa levada a cabo durante os meses de confinamento para axudar á preparación e motivación dos e das deportistas, técnicos e técnicas, así como todos os representantes do tecido deportivo neste período de confinamento derivado da declaración do estado de alarma pola expansión do coronavirus.