NOVA REGULACIÓN DO REXISTRO PROFESIONAL DE SOCORRISTAS DE GALICIA
25/04/2021 Categoría:  Actualidade

Publicado o DECRETO 63/2021, do 22 de abril, polo que se modifica o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

O Decreto 104/2012 queda modificado como segue:

1. Prorrógase ata o día 30 de abril de 2022 o período transitorio establecido no parágrafo primeiro da disposición transitoria única do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, poloque se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

2. A inscrición provisional do persoal de socorrismo acuático efectuada ao abeiro da anterior normativa quedará prorrogada automaticamente, sen necesidade de presentar documentación ningunha e sen prexuízo do dereito a solicitar a baixa no rexistro.

3. Antes do 31 de decembro de 2021, a Academia Galega de Seguridade Pública remitirá, ao enderezo que conste no rexistro de cada persoa inscrita, o distintivo co novo período de validez.

4. As novas solicitudes de inscrición provisional para as persoas que non estiveren no rexistro realizarase polo período que proceda, segundo resulte da data de resolución de nova inscrición e como máximo polo novo período dun ano. Para as novas inscricións aplicarase a regulación establecida no Decreto 104/2012, do 16 de marzo».

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

VER DOCUMENTO COMPLETO AQUÍ