MERIENDAS DE GESTORES DEL DEPORTE PRIMAVERA 2021
06/05/2021 Categoría:  Ponencias

Novo webinar completamente gratuíto ofrecido dende a Asociación de Gestores del Deporte de Castilla La Mancha, en colaboración coas Deputacións Provinciais de Cuenca e Toledo. Con esta colaboración, poñen en marcha unha serie de conferencias virtuais, repartidas de aquí a finais de xuño, coa fin de aclarar e poñer de manifesto con expertos de recoñecido prestixio as posibles estratexias e accións a poñer en práctica nos Servizos, Instalacións e Eventos Deportivos na rexión tras esta pandemia que nos cambiou a vida a todos.

 

A posta en marcha das actividades será paulatina, pero de momento descoñécese realmente como poderán evolucionar as indicacións do Goberno dentro do noso sector, polo que intentarán estar preparados para adaptarse a calquera escenario posible e ser capaces de actuar con plenas garantías de seguridade para a saúde dos clientes, usuarios e deportistas.

 

Para dar comezo a este ciclo de conferencias, o próximo mércores 12 de maio, o presidente de AGAXEDE, Eduardo Blanco será o encargado de falarnos das propostas e os novos retos en Servizos e Actividades Deportivas post COVID19.

 

Para máis información e para poder inscribirte fai click AQUÍ.