COMO AFECTARÁ A FINALIZACIÓN DO ESTADO DE ALARMA AO DEPORTE EN GALICIA?
09/05/2021 Categoría:  Actualidade

Publicada a orde do venres, 7 de maio, pola que se establecem medidas de prevención específicas, atendida a evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia tendo en conta a finalización do estado de alarma establecida polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro.

Esta orde afectará á actividade deportiva da seguinte maneira:

1. A realización da actividade física e deportiva non federada axustarase ás seguintes regras, en función dos datos epidemiolóxicos existentes nos correspondentes concellos:

a) Nos concellos enumerados na letra A do anexo II da presente orde, a práctica da actividade física e deportiva non federada só poderá realizarse ao aire libre ou en instalación deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes, e coa utilización de máscara de acordo co disposto no punto 1.4 do anexo I da presente orde.

b) Nos concellos enumerados nas letras B e C do anexo II da presente orde, a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor. Nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o trinta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade. Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 30 %.

c) Nos concellos enumerados na letra D do anexo II, a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor. No caso da práctica da actividade física e deportiva non federada nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 50 %.

2. Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas durante un mínimo de 30 minutos ao inicio e ao remate de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e, obrigatoriamente, ao remate de cada clase ou actividade de grupo. No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e non se poderá empregar a función de recirculación do aire interior.

3. Os vestiarios e zonas de ducha poderán usarse cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.

4. A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.

5. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

6. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

A) Concellos con nivel de restrición máxima: Cambados Cualedro Laza Padrón Vilanova de Arousa

B) Concellos con nivel de restrición alta: Coristanco Gondomar A Laracha Marín A Merca Mesía A Pastoriza Ribeira Salceda de Caselas.

C) Concellos con nivel de restrición media: Allariz Ames Betanzos Cambre Cangas Carballeda de Valdeorras Carballo Cerdedo-Cotobade Chantada Fornelos de Montes Lalín Meira Melide Muíños Noia Nigrán O Porriño Ordes Silleda Soutomaior Toén Tomiño Tui Verea Verín Vigo Vilagarcía de Arousa Xinzo de Limia

D) Concellos con nivel de restrición media-baixa: Os restantes.

VER ORDE COMPLETA AQUÍ