ANTONIO GOMEZ PEREZ

ANTONIO GOMEZ PEREZ

CURRÍCULO

- Técnico Especialista en Actividades Físicas e Animación Deportiva

- Técnico Deportivo Nivel III Fútbol Sala

- Técnico en Salvamento Acuático e Primeiros Auxislios

- Actualmente, Técnico Deportivo do Concello de Melide

 

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Si, coñecín da existencia da asociación nas reunións de técnicos que tiñamos por medio da Deputación da Coruña.

 

2. Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

En ditas reunións falamos os técnicos de buscar unha vía para poder traballar de forma conxunta a prol do deporte municipal, especialmente os pobos pequenos, que temos moitas carencias e somos pouco visibles (os técnicos), mentres que as nosas actividades e as nosas competicións si son moi vistas e seguidas polos nosos veciños. Foi por isto polo que moitos compañeiros nos asociamos á vez.

 

3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Son Técnico Deportivo no Concello de Melide, onde o meu traballo consiste en organizar o deporte municipal, promover o deporte en tódalas vertentes, especialmente na de vida saudable. 

Compaxino esto coa miña paixón, o Fútbol Sala, onde actualmente a maiores das escolas de Melide, tamén axudo aos rapaces de Agolada Fútbol Sala de Provincial e son o adestrador do Ribeira Fútbol Sala de terceira división.

 

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?

Especialmente a promoción. O deporte de competición é moi fácil facelo visible, o deporte como hábito de vida é máis complexo. Facer visibles os deportes minoritarios e axudar ás novas iniciativas relacionadas co deporte e a saúde a saír adiante, para min e primordial.

Unha parte menos vistosa e que me gusta menos, son as diferenzas de criterio cos responsables políticos.

Isto non só me pasa a min, pasa no 99% dos Concellos. Os técnicos deportivos temos unha vision totalmente distinta dos concelleiros e alcaldes, pero temos o problema de que temos moi pouco peso nas corporacións e a nosa forma de entender o deporte, soe ser moi distinta.

O político tende ao inmediato mentres que os técnicos traballamos a longo prazo, como moito a medio, e temos a obriga de amosarlles a nosa forma de ver e entender o deporte, respectando que as decisións na administración ten que tomalas o responsable político.

 

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

Para min é moi importante e moi necesaria. É unha forma de aglutinar ideas, centrar problemáticas (reais) e tentar buscar solucións comúns.

Non é fácil, e menos nun sector como o noso, que é tan heteroxéneo e tan diverso.

 

6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

Coñecer grandes persoas deste mundo, grandes xestores e bos amigos. Tamén considero que están a realizar unha tarefa moi importante a prol da xestión deportiva e Eduardo Blanco está colocando, xunto ca súa directiva, aos xestores galegos á cabeza da xestión deportiva en España.

 

7. Que lle pedirías nun futuro a Asociación?

Ser algo máis visible. Chegar a máis sitios e poder axudar algo máis aos técnicos deportivos municipais. Esa era unha das ideas cando entramos os técnicos, pero por razóns axenas á propia Asociación foise quedando un pouco descolgada na forma de chegar os pequenos municipios.

 

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Si, con moitos, o meu traballo obrígame a mantelo, a maiores de que considero fundamental seguir en contacto entre todos. Somos un colectivo moi activo, pero excesivamente localista e temos que buscar fórmulas para amosar fóra as iniciativas de cada Concello, que por certo, algunhas son boísimas.

 

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Totalmente, especialmente aos novos xestores. Aportarán ideas novas, formas de traballar diferentes e serán ampliamente enriquecedoras para a propia AGAXEDE.

Compartir este post: