FEDERACIÓN GALEGA DE ESPELEOLOXÍA

FEDERACIÓN GALEGA DE ESPELEOLOXÍA

DESCRIPCIÓN

A Federación Galega de Espeleoloxía leva desde 1983 traballando en prol do mundo subterráneo e do coñecemento do mesmo.

Somos unha federación pequena e con poucos recursos económicos, ainda que temos unha capacidade de traballo e eficiencia moi grande, e grazas a isto e ao traballo dos clubes asociados á federación lograronse documentar mais de setecentas cavidades, con traballos tan importantes como o estudo do Rei Cintolo, Elva a Pastora Galega, estudos biolóxicos en diversos ámbitos, etc, durante todos este anos.

Ademáis sempre tivo moi presente a formación dos deportistas que practican este deporte-ciencia, por iso participou en todas as escolas e todas as actividades de formación técnica vencellados á Espeleoloxía.

ENTREVISTA 

  1. Coñeciades a Asociación Galega de Xestión Deportiva antes de asociarvos?

Pois si. O certo é que xa a propia AGAXEDE nos estaba informando das súas actividades antes de que nos asociáramos.

  1. Por que decidides asociarvos a AGAXEDE?

A verdade é que decidimos asociarnos por dous motivos. Un foi que ainda que non estabamos asociados sempre recibiamos invitación aos seus actos e por outro lado que desde AGAXEDE fan moitas actividades de información, formación e sempre están dispoñibles para colaborar en solucionar problemas e mellorar o mundo do deporte galego.

  1. A que vos dedicades?

Como federación deportiva que somos, adicámonos a organizar eventos vencellados á espeleoloxía e ao descenso deportivo de canóns. Se cadra somos unha das federacións deportivas máis atípicas que existe no mundo do deporte, na espeleoloxía nunca se sabe moi ben onde remata o deporte e comeza a ciencia e ao revés, en realidade un sen o outro non ten sentido. É por isto que case todos os nosos proxectos están ligados a estudos, exploracións e investigacións.

  1. Que beneficios aportades a sociedade a través da vosa entidade?

A Federación Galega de Espeleoloxía está levando a cabo diversos proxectos, fundamentalmente de investigación, en territorio galego vencellados ao mundo subterráneo que nos permiten ampliar o coñecemento do mesmo. Esto permite o desenrrolo de actividades en múltiples ámbitos: científico, deportivo, económico, etc.

  1. No ámbito da xestión deportiva, que tarefas considerades primordiais?

Na FGE entendemos que unha das tarefas máis importantes é a xestión orzamentária. Acadar unha xestión financieira equilibrada fundamental para poder alcanzar os obxectivos.

  1. Considerades necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

Sen dúbida, sobre todo para organizacións como a FGE, que somos moi pequenos, organizacións como AGAXEDE permiten que teñamos un apoio fundamental no ámbito da xestión deportiva.

  1. Que vos aportou AGAXEDE ata este momento?

Como xa comentamos, para nos o que permite AGAXEDE é acceso a a unhos servizos que se non fose a través dunha organización como ela o teríamos moi difícil, xa que as institucións pequenas non temos a capacidade de contratar persoal para facer estes traballos. Por outra banda o que permite unha asociación como AGAXEDE é a creación de sinerxias.

  1. Que lle pediriades nun futuro á Asociación?

Que siga traballando nesta linea. E postos a pedir diría que potenciar máis se cabe as conexións entre os asociados.

  1. Mantedes contacto con outras entidades do ámbito deportivo da Comunidade Galega?

Si, a FGE participa en todos os movimentos asociativos vencellados ao mundo federativo galego, ainda que gustaríanos que se movese un pouco máis.

  1. Recomendariades a outras entidades a pertenza a AGAXEDE?

Si, sobretodo a institución e organizacións pequenas xa que así poden conseguir visibilidade e apoio.

 

Compartir este post: