Ivan Rama Monteagudo

Ivan Rama Monteagudo

 

CURRÍCULO

 

Xestor do clube Galicia Rollers

Membro do Comité Nacional de Roller Freestyle (RFEP)

Xuiz Nacional de Roller Freestyle

Adestrador nacional de Hockei Liña

Monitor de Inline Freestyle

 

1.       Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Si, entereime da súa existencia nunha Carreira Alternativa na que participei e na que figuraba coma organizador AGAXEDE.

 

2.       Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Calquera que dirixa unha entidade deportiva, e lle interese facelo dunha forma o mais profesional posible, vai buscar as ferramentas que teña o seu alcance.

Aínda que a miña chegada a esta asociación e recente, confío en que a decisión de formar parte dela sexa un acerto.

 

3.       A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Son director e adestrador de patinaxe no clube Galicia Rollers, nas modalidades de roller freestyle, hockei liña, e escolas de patinaxe de base en nenos e adultos.

Traballo na Secretaría do Comité Nacional de Roller Freestyle da RFEP, e son xuiz nacional nesta disciplina.

Tamén traballo co Concello da Coruña, na Mesa da Mobilidade, para ter en conta os patíns como outra forma de mobilidade sostible dentro das cidades.

 

4.       No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?

Proxectar de que hai unha boa xestión. Quere dicir, a planificación e organización do equipo de traballo, e unha información fluída en tódolos aspectos  tanto para persoal como para asociados.

 

5.       Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?

Dende logo. E difícil atopar información para poder mellorar, incluso moitas veces preguntas a propia Administración, e nin eles saben como facer. Polo que esperamos que AGAXEDE nos resolva as dúbidas que nos xurdan.

 

6.       Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

Polo de agora, pouco, agás as mensaxes con información de interese que agradezo xa que moitos deles son moi interesantes.

 

7.       Que lle pedirías nun futuro a Asociación?

Creo que siga a liña de traballo, vexo que os socios/as estás satisfeitos.

 

8.       Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Si, a nivel galego e nacional.

 

9.       Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertencia a AGAXEDE?

Claro, non está de máis  ter una canle de información como pode ser AGAXEDE, o recomendo a calquera que xestione unha entidade.

Compartir este post: