JUAN DEVESA LEIRA

JUAN DEVESA LEIRA

CURRÍCULO

Técnico superior en Actividades Físicas e Animación Deportiva.

Técnico Superior en Navegación e Transporte Marítimo.

Técnico Deportivo nivel 2 o Esquí Alpino.

Técnico Superior en Protección Civil.

Cursos en Xestión de Equipamentos Deportivos e Instalaciones Deportivas.

Técnico de Deportes do Concello de Sada (2016- actualidade)

Asesor de Deportes do Concello de Ferrol (2011–2015)

Técnico de Deportes do Concello de Cariño (2000–2004)

Xerente de Instalacións Deportivas do Concello de As Pontes (1990–1993)

 

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Si, sabía da asociación por outros compañeiros de profesión, dos foros e nos congresos e tamén pola propia paxina web de Agaxede.

 

2. Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Non teño a menor dubida que é o mellor vínculo de unión entre os profesionais que nos adicamos á xestión deportiva, non só para poder estar en contacto con outros xestores, senón tamén para estar informado e poder defender os nosos intereses.

 

3. A que te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Son o técnico municipal de deportes do Concello de Sada.

 

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

Creo que o primordial é optimizar todas as instalacións e recursos para ofertar o mellor servizo posible e para iso é fundamental unha boa programación e estar a se formar continuamente en todo o concernente á xestión deportiva, tanto no marco legal como nas novas tendencias deportivas.

 

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

En calquera ámbito profesional é moi importante que exista un nexo de unión entre o colectivo para poder buscar solucións comúns, poder achegar ideas e para apoiarse en experiencias doutros compañeiros.

 

6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

O estar informado e en contacto diario cos profesionais da Xestión deportiva.

 

7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Que tente ter cada vez maior presenza nas administracións e que siga incidindo na formación e información aos seus asociados.

 

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Si, o considero moi importante e manteño contacto con xestores deportivos sobre todo cos mais próximos a Sada, Ferrol e Coruña e algún outro doutras partes de Galicia.

 

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Claro que si, como xa comentei con anterioridade é moi importante a unión entre profesionais da xestión deportiva para poder seguir demandando melloras e recoñecementos no ámbito profesional e formación a nivel persoal.

 

Compartir este post: