LUIS PRADO
CURRÍCULUM VITAE
- Entrenador profesional
- Técnico Deportivo Superior
- Director Deportivo pola RFEF
- MBA Sports Management
ENTREVISTA
Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
Tiña escoitado, pero non coñecía todas as posibilidades que hai para facer networking
Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?
Inda que son galego de pura cepa, levo traballando lonxe da terra moitos anos. A miña idea e estudiar opcións de voltar, por iso acado que facer contactos dentro do mundo do Deporte Galego é unha gran axuda
A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?
Son entrenador de fútbol, coordinador de fútbol feminino no Raio Vallecano de Madrid e analista de partidos en Radio Marca
No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?
Cando de adicas á xestión deportiva nunha gran empresa / clube, tes que tentar ter tódolos aspectos controlados, económicos, loxísticos, de marketing, , etc, pero a milla prioridade sempre é a xestión das personas coas que traballo no día a día, pra min é fundamental
Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Penso que é importante que podamos ter unha institución que nos faga conectar a todos os que estamos no entorno deportivo en Galicia
Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?
Levo pouco tempo, pero os contactos xenerados son de moito interese
Que lle pedirías nun futuro á Asociación?
Unha maior regularidade á hora de manter charlas non só de maneira presencial senon tamén virtual
Mantés contacto co resto de personas xestoras deportivas da Comunidade Galega?
Estou tentando crecer na miña rede de contactos
Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
Penso que sempre é positivo estar no día a día do que acontece no noso panorama deportivo galego