MARCOS DOCAMPO FRAGA

CURRICULUM VITAE
- Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
- MBA en Xestión Deportiva.
- Postgrado en Xestión Deportiva Municipal.
- Postgrado Avaliación, Currículo de Educación Física e Deporte
- Coordinador Técnico de Deportes. Concello de Arteixo desde o ano 2007.
- Outros postos no ámbito da xestión deportiva
- Técnico Superior de Deportes no Concelo de A Coruña. (2000-2001)
- Asesor Técnico na Unidade de Dinamización e Programación do Servizo Municipal de Deportes do Concello de A Coruña (2002-2007)
ENTREVISTA SOCIO/A DO MES
Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
Sí, coñecía da existencia de Agaxede desde hai anos a través do seu Presidente, xa que participaba activamente nas súas xornadas formativas.
Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?
Decido facerme socio, ademais de pola insistencia de Eduardo Blanco, pola necesidade de pertencer á unha entidade que asesore e sirva de nexo entre todas as persoas que desempeñamos algún cargo profesional ou directivo na dirección e xestión do deporte de Galicia.
A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?
Son o Coordinador Técnico de Deportes do Concello de Arteixo.
No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?
Na xestión deportiva municipal é imprescindible coñecer con detalle as competencias que ten un concello en materia deportiva, sen conformarse con ser soamente un mero prestador de servizos públicos, senón que debe impulsar plans de calidade que contribúan a satisfacer as necesidades da veciñanza. Para elo os técnicos municipais temos que planificar e avaliar actividades, dirixir ao persoal, analizar o comportamento das persoas usuarias dos programas municipais, adaptarnos á realidade permanentemente cambiante e administrar os recursos económicos e patrimonio municipal con eficacia, eficiencia e transparencia. Recalco as verbas “planificar e avaliar”, xa que non contemplo outro xeito de xestionar un Servizo Municipal de Deportes, para poder desenvolver unha oferta deportiva municipal de calidade.
Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
É moi importante a existencia de unha entidade como Agaxede que sirva de punto de encontro para as persoas con responsabilidade na xestión deportiva en todos os seus ámbitos, xa sexa pública ou privada.
Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
Ademais de manter o contacto con moitos compañeiros, sempre que podo, participo nas xornadas formativas organizadas por Agaxede.
Que lle pedirías nun futuro á Asociación?
Que manteña a liña de traballo en prol dunha xestión deportiva de calidade, axudando e asesorando a todas as persoas e entidades deportivas implicadas.
Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?
Sí, manteño o contacto a diario con moitos compañeiros de outros concellos, así como de entidades deportivas e empresas vinculadas á xestión deportiva.
Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
Sen ningunha dúbida, recomendo a todos os profesionais da xestión deportiva a pertenza a Agaxede