MARCOS FERNÁNDEZ CONDE

CURRÍCULO
Licenciado en Educación Física
Adestrador Superior de Natación (1994) e Adestrador Auxiliar de Waterpolo (1997)
Director Comercial e Director Xeral de Gaia Gestión Deportiva (2000-actualidade)
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
Si, a través de Eduardo Blanco e outros compañeiros/as de profesión.
2. Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?
Porque paréceme fundamental colaborar con tódalas asociacións que promovan o sector deportivo e colaboren na sua profesionalización.
3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?
Son o Director Xeral de Gaia Xestión Deportiva.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?
Principalmente 3: Adaptabilidade, Liderazgo e Capacidade de Aprendizaxe.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Si, porque calquera sector necesita institucións que o representen, que sexan un vehículo para recibir experiencias, demandas, e información do sector, e que desde unha perspectiva profesional e rigorosa sirvan para canalizar as mesmas aos asociados.
6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
Pois información de proxectos, accións formativas, e contidos interesantes, para o noso equipo de traballo.
7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?
Que siga na liña de por en valor o sector deportivo na nosa comunidade, e que exerza un papel integrador das diferentes realidades e sensibilidades da mesma (clubs, asociacións, empresas, administración pública, etc.)
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?
Si, habitualmente, sexa por relación de amizade o por relación profesional ou ambas.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
Por suposto, e fundamental apoiar este tipo de institucións.