Pablo Chacón Souto

Pablo Chacón Souto

 

CURRÍCULO

Licenciado en Educación Física. Colexiado nº11469

Técnico de deportes do Concello de Curtis (dende xullo de 200 ata actualidade) 

X Premios AGAXEDE á Xestión Deportiva. Premio ao Mellor Concello de menos de 15.000 habitantes: Concello de Curtis

Membro do Comité Técnico da Rede de Cidades Saudables da Federación Española de Municipios e Provincias (dende 2017 ata a actualidade).

Director Técnico da Federación Galega de Boxeo (2011-2019).

Ampla formación relacionada co Boxeo: adestrador nivel 0, nivel 1, nivel 2 e adestrador nacional.

Membro do Claustro Internacional de Formadores do Consello Mundial de Boxeo (WBC).

Diversos cursos de formación en Xestión Deportiva Municipal (Xunta de Galica, Deputación da Coruña, Deputación de Ourense) e Recursos Humanos.

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Si, creo lembrar que AGAXEDE foi creada sobre o ano 1998, eu rematei a carreira (INEF Galicia) no 1996, xa se falaba do proxecto de asociar aos xestores deportivos.

2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?

No ano 2000 comencei a exercer de Técnico de Deportes no Concello de Curtis, houbo algún intento que outro de asociar aos técnicos deportivos municipais, pero realmente era xa un traballo avanzado por AGAXEDE, polo que decidín facerme socio, ao igual que algúns dos meus compañeiro de profesión.

3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Son o técnico de deportes do Concello de Curtis, desenvolvo  a xestión deportiva municipal dende fai 19 anos. Tamén colaboro de forma desinteresada coa Federación Galega de Boxeo en calidade de Director Técnico.

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, ¿qué tarefas consideras primordiais?

O coñecemento da lei é fundamental se traballas na administración pública. Os xestores deportivos municipais somos como un caixón desastre aos que se nos encargan todo tipo de competencias relacionadas ou non co deporte. Realizo o meu traballo en diferentes ámbitos: contratos de suministro ou equipamento, persoal, normativa sanitaria (piscinas), organización de eventos, etc.

Por outra banda é moi importante coñecer as demandas veciñais co fin de que as actividades ofertadas ou utilización de infraestructuras deportivas sean exitosas.

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?

Sí, sen dúbida. AGAXEDE conxuga a tódolos responsables do deporte na sociedade: políticos, clubes, técnicos superiores (TAFAD), licenciados, federacións, COLEF, etc. É moi favorecedor conxugar estos gremios a favor do deporte nunha única asociación.

6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

Principalmente formación actualizada sobre a xestión deportiva en diferentes cursos e xornadas que se realizaron de forma privada ou en colaboración coas Deputacións Provinciais ou Xunta de Galicia (Secretaría Xeral para o Deporte).

…e o premio á Xestión Deportiva ao mellor Concello de menos de 15.000 habitantes, que é o resultado da suma do traballo técnico, do monitorado deportivo e dos políticos do Concello de Curtis.

7. Que lle pedirías nun futuro a Asociación?

Deberíase incidir na aprobación da regulación profesional do sector deportivo. É unha asignatura pendente dende fai anos, e considero que AGAXEDE pode ser un apoio importante para conseguilo.

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Si, sobre todo cos técnicos de deportes municipais de concellos veciños ou compañeiros de promoción que acabaron coma min na administración local, tamén algúns clubes, empresas e Federacións Deportivas.

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertencia a AGAXEDE?

Por suposto que si, cun maior número de socios máis servizos  poderá ofrecer a Asociación, máis coñecementos aportaremos cada un de nós e paralelamente aprenderemos dos demáis.

 

Compartir este post: