Xabier Antón Casal Lema

Xabier Antón Casal Lema

 

Breve descripción do Curriculo

-     Responsable del “Área de Ocio y Tiempo Libre” en la Fundación María José Jove (A Coruña). (Colegiado-52.399)

-      Especialista Universitario en Dirección de Centro Deportivos (UDC, 2008)

-      Licenciado en Ciencias de la Actividad Física y el Deporte. (UDC, 2007).

-      Maestro Especialista en Educación Física (USC, 2002).

 

ENTREVISTA SOCIO/A DO MES AGAXEDE:

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Naturalmente que si, imposible non coñecer a AGAXEDE cando coñeces ó seu presidente Eduardo Blanco con anterioridade a súa constitución. É un moi bo embaixador do posto que ostenta na entidade.

2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Coñecín AGAXEDE uns anos despois de finalizar a carreira no coñecido anteriormente como INEF de A Coruña. Persoalmente decanteime pola formación en xestión deportiva e as inquedanzas en seguir formándome leváronme ata un curso de seguridade e autoprotección que organizaba AGAXEDE, aquí volvín a encontrarme con antigos compañeiros que seguíamos no sector e coñecín outro novos dos que podían surxir sinerxías para millorar profesional e persoalmente. Foi aquí cando decidín facerme socio de AGAXEDE, xa que descubrín que que é unha entidade comprometida coa actualización de coñecementos relacionados coa xestión deportiva dos que podemos sacar partido día a dia nos nosos traballos como xestores.

3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Actualmente son o Responsable da Área de Ocio e Tiempo Libre na Fundación María José Jove en A Coruña, desempeñando funcións de xestión, coordinación e execución de programas e proxectos relacionados coa Actividade Física Saudable enfocados a millorar a calidade de vida dos colectivos en risco de exclusión social de A Coruña e a súa área metropolitana, con especial relevancia das personas con diversidade funcional e de nenos/as e adultos menos favorecidos. Levo no cargo dende o ano 2010, pero comencei como técnico de diferentes deportes adaptados nun dos programas da Fundación (Esfuerza) que agóra dirixo.

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?

Considero primordial unha boa comunicación co persoal ó cargo da execución final dos proxectos para ser máis eficiente a hora de levalos a cabo, son os que realmente están ó pé do “usuario, cliente, ...” e son os que máis temos que oir e coidar para poder millorar na organización e execución dos proxectos.

Outra tarefa moi importante para min é ter unha moi boa planificación e programación anual de cada cousa que organizo, para seguir unha liña de ruta férrea (aínda que sabemos que nisto temos variacións e debemos tamén ser flexibles) e que todos os que pertencen ó proxecto a coñezan.

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?

Penso que é unha entidade moi necesaria para acoller baixo un mesmo paraugas a todos aqueles que estamos traballando neste sector, non só pola formación e actualización de coñecementos continuo que aporta, se non tamén como punto de encontro común para consultas, sinerxias que poidan xurdir con outros socios, axuda en resolución de problemas por experiencias previas de socios...

6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

A nivel profesional un lugar para a formación e actualización de coñecementos relacionados coa xestión deportiva ó mesmo tempo que puiden descubrir sinerxias que foron xurdíndo con outros socios; e a nivel persoal que dicir, un lugar de encontro de amigos, onde te alegras polos logros que van acadando o longo destes anos.

7. Que lle pedirías nun futuro a Asociación?

Que siga na mesma liña de actuación que está traballando, aportando formación e actualización de coñecementos neste campo en continuo cambio.

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Manteño contacto con algúns que foron compañeiros e que traballan no sector.

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertencia a AGAXEDE?

Dende logo que si!!! Penso que calqueira persoa que se adique a este sector de xestión deportiva necesita estar o corrente de actualizacións e seguir formándose continuamente. ¿Qué millor sitio que en AGAXEDE?

 

Compartir este post: