
O Foro de Deporte Para Todos celebrará este 2022 a súa undécima edición, o día 30 de setembro, a partir das 16:30 horas no salón de actos da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, organizado pola Asociación Galega de Xestión Deportiva, no marco da Semana Europea do Deporte, co apoio do Concello de A Coruña. Nesta ocasión a temática do foro será "A XESTIÓN DO DEPORTE EN IDADE ESCOLAR", e contarase cos relatorios de profesionais cunha gran experiencia no sector.
OBXECTIVOS:
- Valorar o impacto do deporte escolar no desenvolvemento do “deporte para todos” ou deporte social.
- Analizar o papel das federacións deportivas na oferta e xeralización do deporte escolar.
- Identificar as debilidades da organización do deporte escolar e a súa xestión.