Presentouse hoxe no Palacio dos Deportes, a XXIX CARREIRA ALTERNATIVA “Mais igualdade e inclusión” integrada no movemento de ESPAÑA MÓVESE que se celebrará o vindeiro domingo, día 28 de abril, con saída desde a Praza de María Pita ás 11:00 horas a través do itinerario que se adxunta. No acto estiveron Eduardo Blanco, presidente de AGAXEDE, Antonio Leira, deputado provincial de deportes e Manuel José Vázquez, concelleiro delegado de deportes da Coruña, sendo subvencionada a actividade polo Concello e a Deputación da Coruña, ademais de colaboracións importantes de BEONE, GADIS, JIM SPORTS e PLAAM. E non sería posible organizala cun reducido orzamento sen a colaboración referida e a participación de acción voluntaria conformada por estudantes da Facultade de Ciencias do Deporte e a E.F. da UDC e persoas técnicas das federacións e clubs que forman parte da organización.
Conoce a nuestro patrocinador oficial
Actualidad
Cursos gratuitos en modalidad online 100% subvencionados por el Ministerio de Trabajo y Economía Social.
O pasado venres, 12 de abril, tivo lugar na sede de AGAXEDE a primeira reunión da Xunta Directiva da entidade para o período 2024-2028. Esta nova corporación, encabezada por Eduardo Blanco como Presidente, destaca pola incorporación de persoas de renome no sector da xestión deportiva, como Roberto Ramos, CEO de BeONE, ou Elena Roca, ex-internacional de rugby XV e actual vicepresidenta do CRAT A Coruña.
ASÓCIATE EN AGAXEDE
Entidades colaboradoras
Subscríbete a nosa Newsletter
e recibe información actualizada do Festival