MANUEL VARELA BARDANCA
MANUEL VARELA BARDANCA

CURRÍCULO

Licenciado en Educación Física (INEF Galicia)

Técnico Deportivo Superior Fútbol

Posgrado en Gestión Deportiva Municipal

 

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Si, desde o seu inicio, xa que ten unha gran presenza nos medios de comunicación pola súa constante actividade.

 

2. Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

A decisión tomeina hai moito, pero realmente sempre o deixaba para o día seguinte, e tras un encontro con Eduardo, díxenme que xa non podía pospoñelo máis e ó chegar á casa tramitei a alta, que por certo é un proceso sencillo e ben estruturado.

 

3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Dirixo o servizo de fomento e programas deportivos do Concello de Carballo, de xeito que me ocupo da oferta directa que realiza o concello e de todo o relacionado cas subvencións e resto de formas de apoio ás entidades deportivas.

 

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

O desempeño profesional na administración está terriblemente condicionado ó marco normativo, que é moi extenso, complexo e con ritmos diferentes que aos do feito deportivo, pero que ineludiblemente debemos cumprir. Por iso, máis alá de calquera aspecto técnico, a verdadeira tarefa é non perder o contacto ca realidade do sistema deportivo local, especialmente cos puntos de vista das diferentes tipoloxías de usuarios, do sector privado con e sen ánimo de lucro e dos propios traballadores, e cas novas tendencias de práctica deportiva. O perigo de convertirte nun eficaz funcionario pero afastado do sistema deportivo sempre estará ahí.

 

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

Si. Fundamentalmente por dous motivos. Primeiro porque tendo todos nós procedencias formativas moi heteroxéneas consigue aglutinarnos en torno a un proxecto común e segundo porque pon en valor a figura do xestor deportivo.

 

6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

A pesares de non ser socio, a súa web constituía unha ferramenta de referencia para estar actualizado en moitos aspectos profesionais. É unha importante aportación, xa que non sempre tés o tempo ou o acerto para buscar e atopar certos contidos.

 

7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Que persista na súa labor de por en valor a figura profesional do xestor deportivo e a mellora constante na nosa formación, algo que coñecendo ó presidente vexo asegurado.

 

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Menos do desexable, xa que se limita ós contactos profesionais.

 

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertencia a AGAXEDE?

Si, polas ferramentas que pon á nosa disposición e por constituir un foro constante de actualización e intercambio entre profesionais.