Programa financeiro do IGAPE para pequenas empresas e autónomos
28/07/2017 Categoría:  Actualidade

O IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) lanza un programa financeiro de bonificación de custos de financiamento para pequenas empresas e autónomos. 

a) Bases reguladoras e convocatoria 2017 para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 € (IG204). Presentación de solicitudes ata o próximo 31 de outubro.Aquí tes a Resolución do DOG e a Ficha resumo

b) Bases reguladoras e convocatoria 2017 para a bonificación dos custos do financiamento dos autónomos e as microempresas, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € (IG206). Presentación de solicitudes ata o próximo 31 de outubro. Aquí tes a Resolución do DOG e a Ficha resumo