PABLO CHACON

PABLO CHACON

CURRICULUM VITAE

- Licenciado en Educación Física (Bastiagueiro, 1991-96).

- Técnico de deportes na administración local (dende o ano 2000).

- Director técnico da Federación Galega de Boxeo

- Membro fundador da WBC University.

- Adestrador deportivo nivel I de Boxeo.

- Adestrador deportivo nivel II de Boxeo.

- Entrenador nivel I de Boxeo Francés.

- Adestrador nacional de Boxeo.

- Adestrador Galego de Boxeo.

- Adestrador Galego de Kickboxing.

- Técnico nivel I de Surf.

- Xuíz de Surf.

- Monitor de Bádminton.

- Monitor de Baloncesto

ENTREVISTA

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Sí, ó terminar a carreira de Lcdo. en E.F. (1996), xa se comentaba algo dunha asociación de xestores deportivos.

2. Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Comencei a traballar na administración local como Técnico de Deportes e pareceume interesante facerme socio, con obxeto de asistir a xornadas e cursos de formación relacionadas coa miña actividade laboral.

3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

O meu posto de traballo é de Técnico de Deportes na administración local.

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

Darlle ao deporte a importancia que realmente ten, a actividade física e deportiva son fundamentais para incrementar a saúde e calidade de vida da poboación. Hai unha expresión que os técnicos de deportes municipais utilizamos entre nós de forma irónica : "os dos balóns", o deporte el ago máis que iso, e debe ser dirixido por profesionais capacitados para elo. É fácil detectar nos municipios que existe un profesional adicado ao deporte e actividade física, todo está ordenado e as necesidades detectadas son atendidas. Traballando na administración pública, un técnico ten que cumprir a lexislación existente, que ás veces para algúns parece que non existe, dentro da lexislación específica temos a Lei 3/2012 do deporte en Galicia é moi extensa e ambiciosa, e hai aspectos que son de obrigado cumprimento, no están ahí por estar. Por outra banda a lexislación xeral (LCSP, LRBRL, EBEP, etc.) e normativas (ordeanzas, regulamentos, etc.) son ferramentas esenciais para un técnico.

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

Sí, porque é o nexo de unión entre todas as persoas do colectivo de deportes, tanto do ámbito privado como público.

6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?

A posibilidade de intercambiar coñecementos con outros compañeiros/as e as oportunidades de formarme.

7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Que siga traballando así, e por suposto actividades formativas as cales son escasas na nosa CCAA. Por outra banda, aportar os seu coñecementos para colaborar na aprobación da regulación profesional do sector.

8. Mantés contacto co resto de personas xestoras deportivas da Comunidade Galega?

Sí, especialmente coas persoas relacionadas co meu traballo, xa sexan técnicos doutros concellos ou empresas

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Sería algo fundamental.

Compartir este post: