
O mércores 24 de maio celebrarase no salón de graos a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, a Xornada sobre a nova Lei do Deporte, financiada pola Vicerreitoria do campus de Pontevedra, coa colaboración de AGAXEDE, BEONE E COLEF Galicia.
OBXECTIVOS
Analizar o antes e o despois da nova lei do deporte para os profesionais do deporte Coñecer os principais cambios e novas disposicións da Lei do Deporte española. Debater os retos e oportunidades relacionados coa aplicación da nova lei.
INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta ata o 23 de maio.