A UFEDEGA DEFENDE O DEPORTE COMO "PARTE DA SOLUCION"

A UFEDEGA DEFENDE O DEPORTE COMO

Esta mesma semana a Xunta de Galicia anunciou novas medidas para frear o avance da pandemia. Entre elas, atópase a suspensión do deporte federado de nivel autonómico, mantendo as competicións estatais.

Ante esta situación, a Unión de Federacións Deportivas Galegas emitiu un comunicado expresando a súa opinión en relación ás novas medidas mostrando o seu compromiso na loita contra o virus, pero admitindo estar "moi preocupados" pola suspensión do deporte galego federado. Argumentan que prácticamente non existiron contaxios nas competicións deportivas celebradas nos meses de pandemia e recalcan ao deporte como "parte da solución".

Os principáis argumentos expostos no comunicado, a favor do deporte, son os seguintes:

- Ser unha actividade regulada, que conta con estritos protocolos de acuación, avalados por expertos e aprobados pola administración pública.

- Ter realizado, no deporte galego, máis de 35.000 test de detección do COVID-19.

- Ser unha actividade esencial na loita contra o sedentarismo, fortalecer o sistema inmunolóxico e psicolóxico e complementar a formación académica e familiar dos nenos e nenas.

Para rematar, a UFEDEGA mostrou o seu agradecemento a labor de todas as federacións, clubs, persoas directivas e deportistas, así como ao deporte en xeral, ofrecendo a súa colaboración para todo o que fose preciso.

#ForteCoDeporte

Compartir esta noticia: