Boletín Xuño (2018) COLEF

Boletín Xuño (2018) COLEF

 

 

 

 

 

 

Recordámosvos que o COLEF Galicia ten convocadas dúas becas para sendos estudos sobre temáticas que afectan profesionalmente e que o prazo para inscribirse e presentar a documentación remata o 30 de xuño. Toda a información aquí


 

Roberto Ramos é o director xeral do grupo Serviocio/Beone, referente no sector das instalacións deportivas que vén de cumprir 25 anos no mercado. Con este motivo falamos con el da responsabilidade que supón xestionar unhas instalacións que dan servizo a máis de 168.000 clientes ao mes e do futurodo sector, no que veñen para quedarse os "ximnasios boutique" e que enfronta unha serie de procesos de concentración nos que Serviocio ten intención de ser parte activa. As instalacións actuáticas como elemento diferenciador da súa marca, a necesidade de manter unha formación continuada e a importancia da regulación para defender a profesión do deporte son outros dos temas que abordamos na conversa


O COLEF Galicia estivo presente no 4º Día do Deporte na Rúa en Santiago de Compostela, con un gran éxito de participación no stand de valoración funcional que estaba habilitado. Agradecer aos precolexiados Rebeca Otero e Daniel Perala súa colaboración e boa predisposición en todo momento. 

 

COLABORACIÓN COA OBRA SOCIAL PEDIATRIA "CUIDAMOS DE LOS NIÑOS"


     http://www.obrasocialpediatria.org/attachments/Logo/logo.png

 

 

 

 

A semán pasada o COLEF Galicia acudía á presentación da Obra Social Pediatría vinculada ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela. Pódese colaborar de diversos xeitos con eles, sobre todo a través de doazóns, peroaqueles interesados en presentar unha proposta de intervención cos nenos da Unidade de Pediatría podedes poñervos en contacto con nós para poder facer a proposta. Máis información en http://www.obrasocialpediatria.org

 

 

 

 

 

 

O Consejo COLEF ven de implementar un novo apartado informativo denominado FORMACIÓN UNIVERSITARIA CCAFYDE, que pretende facilitar a busca de información a todas aquelas persoas que desexen obter títulos oficiais con validez académica de nivel universitario relacionados coas CCAFYDE (Grao, Másters e Doctorados), así como congresos e eventos.

Compartir esta noticia: