Convocatoria de Becas COLEF Galicia 2018

Convocatoria de Becas COLEF Galicia 2018

O COLEF Galicia promove a concesión de 2 becas de investigación para a realización de 2 estudos monográficos durante 2018 sobre temáticas que afectan á profesión e á cidadanía. A estas becas poderán acceder colexiados/as e estudantes de Grao en CCAFD pre-colexiados.  

 

BECA A: 1 beca dunha contía máxima de 1.000 € para un estudo sobre o cumprimento en instalacións públicas da Lei do Deporte de Galicia (artigo 83) nas 7 grandes cidades galegas no que se refire á presencia de soportes informativos sobre o profesionais do deporte e a súa cualificación, que cubrirá os gastos de busca de información, desprazamentos e redacción dos documentos necesarios.

BECA B: 1 beca dunha contía máxima de 500 € para un estudo sobre a calidade e legalidade da formación continuada na educación física e o deporte, fundamentalmente aquela que se atopa publicitada a través de internet e confunde ao consumidor sobre o seu carácter oficial e legalidade, e que cubrirá os gastos de busca de información e redacción dos documentos necesarios.

A inscrición realizarase telemáticamente e a documentación irá dirixida por correo electrónico á Xunta de Goberno do COLEF Galicia, na direccióncolef@colefgalicia.com, coa referencia “BECAS COLEF GALICIA 2018-19

O prazo de inscrición será do 25 de maio ao 30 de xuño de 2018, ambos inclusive.

+INFORMACIÓN

Compartir esta noticia: