A XUNTA DE GALICIA ENTREGARÁ A AGAXEDE A DISTINCIÓN AO MÉRITO DEPORTIVO

A XUNTA DE GALICIA ENTREGARÁ A AGAXEDE A DISTINCIÓN AO MÉRITO DEPORTIVO

A Xunta entregará a AGAXEDE o vindeiro martes, 30 de xaneiro, a distinción ao mérito deportivo de Galicia correspondente ao ano 2023 nun acto que se celebrará no Teatro Jofre de Ferrol. O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe, xoves 25 de xaneiro, a relación das 108 persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que recibirán a máxima condecoración do deporte a nivel autonómico. Estes premios  concédense en recoñecemento do labor ou traxectoria no ámbito deportivo de Galicia, así como pola contribución ao fomento do deporte na comunidade.

Desde AGAXEDE queremos trasladar o noso agradecemento á Xunta de Galicia por otorganos este premio, así como dar o parabén ao resto de galardoados.

Fai clic para coñecer o resto de premiados

Compartir esta noticia: