NORABOA a BeOne POLO SEU 30 ANIVERSARIO APOSTANDO POLO DEPORTE

NORABOA a BeOne POLO SEU 30 ANIVERSARIO APOSTANDO POLO DEPORTE

Hoxe Venres 7 de Abril de 2023 o noso patrocinador BeOne cumpre 30 anos. Se nos remontamos 30 anos atrás, comezaba no ano 1993 a andaina de catro estudantes de INEF, Roberto Ramos, José Manuel Amado Abelenda, Ricardo Rosado, e Horacio Souto que decidiron fundar Serviocio e fixéronse coa xestión dunha piscina municipal en Ferrol. Desde ese momento, a expansión de BeOne Serviocio continuou ata a actualidade. Entre ese ano e 2002 conseguiron xestionar, mediante concesión, outros 11 centros; que se aumentaron ata os 28 no ano 2013, cando ademais produciuse a entrada de novos investidores ao Grupo.

En 2014 produciuse un fito, a fundación da marca BeOne, que veu acompañada da apertura do seu primeiro centro de xestión privada en Granada. En 2017 chegaron a xestionar 35 centros deportivos repartidos por toda España, grazas á adquisición da competidora Aquafit.

En xaneiro de 2022 produciuse a apertura de BeOne Lugo, o centro número 21 en Galicia, e gañaron a concesión do centro de Errenteria, en Euskadi, consolidando así a xestión de 37 centros deportivos en España: 33 xestionados por concesión administrativa e 4 de xestión privada. O proceso de expansión do Grupo continúa, ao adxudicarse recentemente un novo centro en Madrid e, simultaneamente, están a levarse a cabo outras operacións que poderían dar os seus froitos pronto.

Este ano 2023 presentase como un curso de consolidación para o Grupo, recuperando as cifras de actividade prepandemia. Desde os seus inicios, a expansión de BeOne Serviocio foi imparable e continua ata a actualidade, con 37 centros e 1.200 profesionais que forman parte do grupo BeOne Serviocio.

PARABÉNS.

 

Compartir esta noticia: