Xornadas de Organización e Desenvolvemento de Eventos Deportivos

Xornadas de Organización e Desenvolvemento de Eventos Deportivos

Os próximos 23 y 24 de marzo se levarán a cabo na Facultade de Empresariales e Turismo da Universidade de Vigo as xornadas sobre Organización e desenvolvemento de eventos deportivos.

Este ano, coincidindo coa súa sexta edición, as xornadas estarán dedicadas aos eventos no medio natural que están experimentando un notable crecemento tanto en calidade como en cantidade.  
  As xornadas permitirán aproximarnos, dende un punto de vista práctico, ás principais cuestions referentes á súa organización, vista dende a perspectiva dos organizadores de probas de éxito no panorama autonómico e estatal. 
  Estas xornadas están abertas a todo o público interesado, con especial atención ás persoas involucradas en estas modalidades deportivas.

Mais información e contacto no seguinte enlace:

https://bubela.uvigo.es/curso/3218

Compartir esta noticia: