O ESTUDANTADO DE INEF GALICIA COMEZA AS PRÁCTICAS UNIVERSITARIAS EN AGAXEDE
14/10/2021 Categoría:  Actualidade

Elena Sierra Palmeiro, acompañada de dos dous estudantes, dos que é titora académica na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, visitaron a sede de AGAXEDE, lugar no que realizarán o seu prácticum universitario en Xestión Deportiva durante o curso académico 2021-2022.

Foron recibidos na sede, sita en Santa Cristina (Oleiros), polo presidente da entidade, Eduardo Blanco Pereira. Ademais de coñecer os espazos da sede, aproveitaron para manter unha reunión marcando a data de comezo das prácticas e as futuras tarefas que se lles encomendarán aos estudantes.

AGAXEDE é centro de prácticas universitarias das Universidades da Coruña e Vigo, e da Universidade Internacional de Valencia, tanto en Graos como en Másteres, acollendo unha media de 7 persoas estudantes de INEF, ADE, Económicas e Relacións Laborais ao ano.